luns, 25 de abril de 2016

Día do Libro

Estes días estamos a celebrar o Día do Libro no cole.

Tivemos moitas actividades: apadriñamentos lectores, con lecturas en distintos recunchos do cole, agasaios de marcapáxinas e una marabillosa actriz e contacontos Raquel Queizás.

Deixámosvos a mostra.


Apadriñamentos Lectores: Día do Libro no CEIP Plurilingüe Pumar-Urdilde 2016 from asun urdilde on Vimeo.





Contacontos from Inés Ares on Vimeo.

martes, 19 de abril de 2016

Obradoiro de Papel

Como ben sabedes, ao longo do curso estamos a investigar sobre Asía; e máis concretamente sobre Xapón e China. 

Neste último trimestre, dedicaremos tempo aos inventos, posto que os chinos foron uns grandes inventores.
Fai pouco descubrimos que o PAPEL fora un invento deles. Así que, no cole organizamos un obradoiro para saber como podemos facer papel.

Foi moi divertido!!!


mércores, 13 de abril de 2016

mércores, 6 de abril de 2016

PLANTANDO FABAS

Estamos estudando as plantas, así que para ver como crecen trouxemos unhas fabas ao cole e empezamos o traballo. 

Xa vos daremos conta do resultado.


O BONSAI DE ANDREA

Andrea traballou moito na casa co seu pai e trouxo ao cole un Bonsai, unha árbore orixinaria da China.
Moitas gracias a Andrea e a súa familia.