martes, 28 de xuño de 2016

Recomendacións de lectura para verán

Aquí vos deixo unha lista de recomendacións de lectura para o verán.
Pinchade na imaxe

RECURSOS TIC

O prometido é deuda.

Aquí deixo un enlace con xogos educativos para repasar todo o que traballamos este curso.

Debedes seleccionar nas táboas as actividades de 1º, podedes elixir por materias: lingua, lengua, matemáticas. Por ultimo, seleccionade a portada dunha editorial e ahí teredes mil actividades concretas.

Pinchade na imaxen.





martes, 21 de xuño de 2016

Illa de Cortegada

Despois de xogar na praia de Carril, tomamos o barco e viaxamos a máxica Illa de Cortegada. Unha aventura impresionate!!!!


Excursión a Carril

Aquí vos deixamos unha mostra da nosa saida de onte a Carril.

venres, 17 de xuño de 2016

HOXE FOI UN DIA ESPECIAL

Hoxe foi un día especial, tivemos a visita da PROFE CRIS, que nos dixo que aprobou todo no cole de maiores, NORABOA!!! 

E tamén, viñeron a nosa clase, Merchi, a cociñeira e Conchi que nos trouxeron un agasaio MOI RICO!!!! 


Agora estamos desexando que chegue o luns para poder ir a Illa de Cortegada e disfrutar dunha xornada de xogos, aventura e sol.


xoves, 26 de maio de 2016

Escritura Oriental

Recordades que fixéramos un obradoira de papel?. 

Os chinos inventaron o papel. Nos que seguimos a investigar sobre China, quixemos vivir a experiencia de facer papel e escribir a nosas letras orientais.

Fomos moi creativos e este foi o resultado.

Ahora os nenos e nenas de primeiro, xa teñen os seus traballos na casa, espero que disfrutedes deles e recordedes sempre todo o que aprendimos e disfrutamos facéndoos.


Despedida de Niccol

Onte despedímonos de Niccol, a auxiliar de conversa, que estivo este curso nas clases de plástica, para axudarnos. 
Preparamos unha postal para que teña un recordo noso.

Foi un placer compartir a experiencia contigo.

THANK YOU FOR TEACHING US

venres, 6 de maio de 2016

Cumples

O cumple de Rocío foi o último que celebramos no cole.

A tarta estaba riquísima!!!



As nosas plantan creceron

Aquí vos deixamos a mostra de que algunhas das nosas plantas creceron moito. Eloy debeu de darlle moito cariño, porque a súa creceu sen parar.



luns, 25 de abril de 2016

Día do Libro

Estes días estamos a celebrar o Día do Libro no cole.

Tivemos moitas actividades: apadriñamentos lectores, con lecturas en distintos recunchos do cole, agasaios de marcapáxinas e una marabillosa actriz e contacontos Raquel Queizás.

Deixámosvos a mostra.


Apadriñamentos Lectores: Día do Libro no CEIP Plurilingüe Pumar-Urdilde 2016 from asun urdilde on Vimeo.





Contacontos from Inés Ares on Vimeo.

martes, 19 de abril de 2016

Obradoiro de Papel

Como ben sabedes, ao longo do curso estamos a investigar sobre Asía; e máis concretamente sobre Xapón e China. 

Neste último trimestre, dedicaremos tempo aos inventos, posto que os chinos foron uns grandes inventores.
Fai pouco descubrimos que o PAPEL fora un invento deles. Así que, no cole organizamos un obradoiro para saber como podemos facer papel.

Foi moi divertido!!!


mércores, 13 de abril de 2016