martes, 28 de xuño de 2016

Recomendacións de lectura para verán

Aquí vos deixo unha lista de recomendacións de lectura para o verán.
Pinchade na imaxe

RECURSOS TIC

O prometido é deuda.

Aquí deixo un enlace con xogos educativos para repasar todo o que traballamos este curso.

Debedes seleccionar nas táboas as actividades de 1º, podedes elixir por materias: lingua, lengua, matemáticas. Por ultimo, seleccionade a portada dunha editorial e ahí teredes mil actividades concretas.

Pinchade na imaxen.





martes, 21 de xuño de 2016

Illa de Cortegada

Despois de xogar na praia de Carril, tomamos o barco e viaxamos a máxica Illa de Cortegada. Unha aventura impresionate!!!!


Excursión a Carril

Aquí vos deixamos unha mostra da nosa saida de onte a Carril.

venres, 17 de xuño de 2016

HOXE FOI UN DIA ESPECIAL

Hoxe foi un día especial, tivemos a visita da PROFE CRIS, que nos dixo que aprobou todo no cole de maiores, NORABOA!!! 

E tamén, viñeron a nosa clase, Merchi, a cociñeira e Conchi que nos trouxeron un agasaio MOI RICO!!!! 


Agora estamos desexando que chegue o luns para poder ir a Illa de Cortegada e disfrutar dunha xornada de xogos, aventura e sol.


xoves, 26 de maio de 2016

Escritura Oriental

Recordades que fixéramos un obradoira de papel?. 

Os chinos inventaron o papel. Nos que seguimos a investigar sobre China, quixemos vivir a experiencia de facer papel e escribir a nosas letras orientais.

Fomos moi creativos e este foi o resultado.

Ahora os nenos e nenas de primeiro, xa teñen os seus traballos na casa, espero que disfrutedes deles e recordedes sempre todo o que aprendimos e disfrutamos facéndoos.


Despedida de Niccol

Onte despedímonos de Niccol, a auxiliar de conversa, que estivo este curso nas clases de plástica, para axudarnos. 
Preparamos unha postal para que teña un recordo noso.

Foi un placer compartir a experiencia contigo.

THANK YOU FOR TEACHING US

venres, 6 de maio de 2016

Cumples

O cumple de Rocío foi o último que celebramos no cole.

A tarta estaba riquísima!!!



As nosas plantan creceron

Aquí vos deixamos a mostra de que algunhas das nosas plantas creceron moito. Eloy debeu de darlle moito cariño, porque a súa creceu sen parar.



luns, 25 de abril de 2016

Día do Libro

Estes días estamos a celebrar o Día do Libro no cole.

Tivemos moitas actividades: apadriñamentos lectores, con lecturas en distintos recunchos do cole, agasaios de marcapáxinas e una marabillosa actriz e contacontos Raquel Queizás.

Deixámosvos a mostra.


Apadriñamentos Lectores: Día do Libro no CEIP Plurilingüe Pumar-Urdilde 2016 from asun urdilde on Vimeo.





Contacontos from Inés Ares on Vimeo.

martes, 19 de abril de 2016

Obradoiro de Papel

Como ben sabedes, ao longo do curso estamos a investigar sobre Asía; e máis concretamente sobre Xapón e China. 

Neste último trimestre, dedicaremos tempo aos inventos, posto que os chinos foron uns grandes inventores.
Fai pouco descubrimos que o PAPEL fora un invento deles. Así que, no cole organizamos un obradoiro para saber como podemos facer papel.

Foi moi divertido!!!


mércores, 13 de abril de 2016

mércores, 6 de abril de 2016

PLANTANDO FABAS

Estamos estudando as plantas, así que para ver como crecen trouxemos unhas fabas ao cole e empezamos o traballo. 

Xa vos daremos conta do resultado.


O BONSAI DE ANDREA

Andrea traballou moito na casa co seu pai e trouxo ao cole un Bonsai, unha árbore orixinaria da China.
Moitas gracias a Andrea e a súa familia.




mércores, 23 de marzo de 2016

CUMPLES!!!!


Ao longo do curso estamos a disfrutar coas festas de aniversario dos nenos e nenas da clase. A disfrutar!!!!

venres, 18 de marzo de 2016

Gracias Profe Cris

Hoy fue un día especial, la despedida de la profe Cris. 
Le preparamos una fiesta sorpresa para darle las gracias por todo lo que nos enseñó.
Qué tengas mucha suerte en el cole de los mayores 
(en la universidad) y que tu nota sea un 10, porque tú eres un 10.





mércores, 16 de marzo de 2016

De China ao Xapón

Os nenos e nenas de primeiro realizaron un documental dos animais, cidades e vilas de China e Xapón.

A PROFE CRIS foi unha directora excepcional e conseguíu un traballo brillante cos seus alumnos. 

Grazas a Benito polos efectos especiais!!!!

Cando se traballa en equipo o resultado é XENIAL.

NORABOA!!!!


xapon_vimeo from Inés Ares on Vimeo.

xoves, 10 de marzo de 2016

O pincel máxico xaponés



Fai un tempo Benito tróuxonos un pincel máxico de Xapón.
Para aprender a caligrafía xaponesa.
Os detectives de primeiro foron moi rápidos e antes de que chegara ao blog xa o viran na internet.

martes, 1 de marzo de 2016

BENVIDOS O NOSO BLOG




Dende hoxe comenzamos a andaina neste blog dos alumnos e alumnas de 1º de Primaria do colexio de Urdilde. 
Este será un espazo para compartir as experiencias e aprendizaxes que facemos na escola.